jueves, 17 de noviembre de 2011

IDEAS FESTIVAL DE NADAL

1.LIPDUB

-Trataríase de facer un vídeo de nadal cos alumnos que se apunten (incluidas nos) vestid@s de algo referido ó nadal.
 Iríase grabando por todo o instituto bailando, saltando e pasando ben :).
Escolleríase unha canción moi machacona que levara unha palabra  parecida al algo referente o nadal.
Habería que enasaiar a miúdo (xa nos poñeríamos de acordo cos dias e as horas)
En cada clase poñeríamos un papel de inscripcón.


2. IMAXES DISTORSIONADAS

Faceríanos falla a colaboración dos profes. Estes dariannos unha foto súa ou quitariamoslla nos. Con estas fotos faceríamos unha especie de xogo, distorsionaríamos a imaxe no ordenador para que o resto dos alumnos averiguase que preofesor é (as fotos que nos deixaran os profes devolveríanselle o máis pronto posible). Duraría aproximadamente sete ou oito minutos.


3. CONCURSO DE DISFRACES

Esta actividade trataríase de que cada aula se disfrazase de algo referente o nadal. Sería nunha hora da mañan na que os profes lles permitisen disfrazarse, entón nos iríamos polas aulas sacando fotos o grupo disfrazado. Con estas imaxes faríamos un powerpoint. Habería un xurado que decidise cal é o mellor disfraz e a aula gañadora levaría un premio.